Не ви допада? Няма проблеми! Можете да върнете стоките до 30 дни
Няма да сбъркате с подаръчен ваучер. Получателят може да избере нещо от нашия асортимент с подаръчен ваучер.
До 30 дни за връщане на стоки
?Escribiu un libro que sería único se non existisen as prosas de Rimbaud; un libro diabólico e estraño, burlón e ouveante, cruel e penoso; un libro no que só se oen a un mesmo tempo os xemidos da dor e os sinistros axóuxeres da Loucura? (Rubén Darío).?Todo o máis audaz que, durante séculos, se pense e se emprenda, encontrou aquí unha formulación anticipada na súa lei máxica. O verbo, xa non o estilo, sofre con Lautréamont unha crise fundamental, marca unha volta a empezar? (André Breton).?A súa obra funciona como panca na situación que se deseña, pois, mellor que Hugo, demostra que mediante unha especie de maxia verbal ou de verbalismo encantatorio, a razón é capaz de mudanza e a lóxica da disolución? (Tristán Tzara).?O sentido extraordinariamente positivo da contribución de Lautréamont consiste nunha avalancha de materiais brutos, aínda asolagados de xemas subterráneas -materiais para construír o home completo? (Julien Gracq).?Esta imaxinación só parece pasar polos libros para reunir as grandes constelacións cuxas obras conservan a influencia, os feixes de imaxinación impersoal que ningún volume de autor pode inmobilizar e confiscar no seu proveito? (Maurice Blanchot).?Poderíase en certo sentido, se se quixer insistir sobre a forza explosiva da obra, falar dunha operación de ?dinamitaxe' do relato polo discurso e reciprocamente? (Raymond Jean).
Здравейте! Аз съм Libroamiko, вашият книжен съветник.
Как мога да ви помогна?