Не ви допада? Няма проблеми! Можете да върнете стоките до 30 дни
Няма да сбъркате с подаръчен ваучер. Получателят може да избере нещо от нашия асортимент с подаръчен ваучер.
До 30 дни за връщане на стоки
Que é vivir se non camiñar pola corda frouxa? Esta idea é o xermolo de Funambulistas. Na vida apenas hai certezas e mesmo aquelas ás que nos aferramos poden verse truncadas en calquera momento. Procuramos conteimosía a estabilidade (profesional, económica, emocional etc.) e,aínda que a teñamos, non podemos mantela definitivamente: aestabilidade é un agasallo vulnerable, sen garantías. Vivimos expostos a ventos e tempestades e dese xeito avanzamos pola corda inestable,as máis das veces sen rede. Funambulistas é un libro de relatos -moitos deles ligados entre si- de ampla variedade de situacións, de circunstancias e de personaxes, nos que predomina a primeira persoa, a fin de que os protagonistas poidan expresarse con propia voz. Do dramatismo ao suspense, da denuncia aohumor, este libro de Mercedes Leobalde está protagonizado por mulleres e homes retratados en situacións moi diversas: algunhas cotiás,outras verdadeiramente excepcionais (o monxe en plena criseespiritual, o náufrago no medio do océano, a muller maltratada quereúne forzas para se rebelar, o xadrecista namorado, a ladroa docódice, a nai adolescente, o home con tendencias suicidas, a enfermaterminal disposta a espremer os seus últimos meses de vida...).Con Funambulistas, Mercedes Leobalde móstrase como unha hábilnarradora para descifrar os camiños da vida.
Здравейте! Аз съм Libroamiko, вашият книжен съветник.
Как мога да ви помогна?