Не ви допада? Няма проблеми! Можете да върнете стоките до 30 дни
Няма да сбъркате с подаръчен ваучер. Получателят може да избере нещо от нашия асортимент с подаръчен ваучер.
До 30 дни за връщане на стоки
Xelís de Toro consolida nesta que foi a súa segunda novela, publicadodespois de "Seis cordas e un corazón" (Xerais Negra, 1989), un estilonarrativo propio, tenso e contundente, que lle acae perfectamente aunhas historias e personaxes de vocación nidiamente urbana. Aestructura de "Non hai misericordia" xira arredor dalgúns relatos queson o pretexto para que varios contertulios dialoguen nun programaradiofónico sobre o tema da violencia. Esta idea sérvelle ao autorpara facer unha recreación paródica do xeito de expresarse que tencada un dos participantes: un sociólogo, un teólogo, un psicólogo e un asistente social. Unha aposta arriscada e orixinal que procura emerece a complicidade do lector, conquistada cun uso da linguaxecoloquial moi ben dosificado, e que lle abre as portas da literaturaás realidades menos gratas da nosa sociedade. O protagonista absolutode "Non hai misericordia" é a violencia nas súas diversasmanifestacións. Polas súas características estructurais, pola súafasquía temática, a narración crúa, tensa e directa, pola linguaxeasequible, esta obra, recuperada agora dentro de Xerais Peto, estáchamada a ser revisitada e reco?ecida por un amplo abano de lectores.
Здравейте! Аз съм Libroamiko, вашият книжен съветник.
Как мога да ви помогна?